Inicio

GONY ZUBIZARRETA

GONY NO WQS 2008
Polo seu amigo Jaji Iglesias Fuste.

Despois de afianzarse o pasado curso entre os cen mellores do tour e sorprender en Hawai, Gony prepara en 2008 con claras aspiracións ó máis alto, que non é outra cousa que se clasificar para o tan ansiado WCT. Dende a Federación Galega de Surf queremos e vemos máis que oportuno facerlle un seguimento exhaustivo ó noso único representante no circuíto mundial.

Tras unhas merecidas festas de Nadal entre Vigo e o Algarve portugués, volvía face-las maletas a principios de ano dirección Florida con intención de comeza-lo novo ano entre os mellores.
A cita era a WQS 5 estrelas de Sebastián Inlet , no que se xuntanós mellores norteamericanos como principal dificultade. Nesta ocasión e como de costume nesta zona, as ondas non pasaron de medio metro con fortes seccións ideais para realizar potentes e precisas manobras.
Unhas condicións nas cales se sentiu realmente cómodo, pois foi pasando roldas con autoridade por diante dalgún Top 44 como o sempre xemelgo e heroe local Damien Hobgood, chegando ata os cuartos de final onde caería contra o californiano Mike Losness por arriscar en excesivo ou dende outro punto de vista, por seguir fiel ó seu estilo de ofrecer espectáculo ó respectado publico.
Mais que importante este comezo pois o noveno posto obtido e os 1100 puntos poden ser unha inxección de moral para a primeira parte do exercicio.

A seguinte parada era a brasileira illa de Fernando de Noronha, concretamente o Hang Loose 5 estrelas, onde a masiva afluencia de locais e as súas rápidas orilleras dificultan a reacción en
competición. Empezaba ben conseguindo clasificarse comodamente cun par de tubos en rolda 96, deseguido enfrontaríase en rolda 48 ós seus compañeiros Jonathan González e Eneko Acero xunto ó australiano Matt Willkinson.
A manga pintaba ben pois foi dominada en todo momento polo tinerfeño e o vigués, pero a falta de segundos nun grande fallo de coordinación competitiva, Eneko e a súa extensa experiencia collían un tubazo backside saído da nada que invertería a situación, mandando a Gony a un terceiro posto o cal fora totalmente descoñecido por el durante toda a manga.

Isto acaba de empezar e o seu noveno posto actual no ranking mundial é mais que alentador de momento Gony esta tranquilo e motivado cargando pilas en algún que outra viaxe por centro Europa comigo para desconectar, seguido de intensas semanas de duro adestramento co seu
preparador Sylvan Frei xunto Marlon Lipke en augas do sur de Portugal.

Seguidamente dirixirémonos cara ó hemisferio sur, concretamente á súa Arxentina natal xunto a un nutrido grupo de surfistas e un fotógrafo para realizar unha controvertida reportaxe para unha importante revista.
Unha vez isto remate deixásenos destino Australia onde lle espera o WQS 6 estrelas prime de Margaret River, onde as fortes ondas do leste australiano porán a proba o seu estado de forma, a súa seguinte parada será Durban en Sudáfrica rematando o mes en Thurso, Escocia, cos seus xélidas augas e perfectas rompentes de reef.

Parece que nos espera un mes de abril do máis entretido e se todo vai ben, Gony comezará a rolda europea con mais aspiracións que nunca.
Para seguilo en directo podedes velo en www.aspworldtour.com.

¡ ¡ ¡ Vano perder ¡!!!



A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF


A súa historia, estatutos e actividades.
Actas asembleas.
Sede da FGS.
¿Quenes forman a federación?
Descarga logos.

PREVISIÓN DE ONDAS E MAREAS


Datos boias - Portos do Estado.
Táboas portuarias (INM).
Táboas de mareas.
Windguru.
Mapa de ondas animado.
Mapa de ondas US Navy.
Información marítima.
Información meteorolóxica.
O tempo - La Voz de Galicia.

IMPRESCINCIBLE


Web Cams Galicia en directo
Regulamento de competición FGS
Calendario de actividades 2006
A túa primeira onda (Cursos gratuitos)
Mini xogo de surf
Gony Zubizarreta no WQS

Federación Galega de Surf. c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - 36209 Vigo (Galicia) Telf. +34 986 239095 Fax. +34 986 299378 info@fgsurf.com
Optimizado para Internet Explorer 6 ou superior e resolución 1024x768 © 2002 Deseño Asesority Consultores